Festas locais 2022 (Galicia)
- Detalles
DECRETO 97/2021, do 10 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2022.
Ver Decreto (DOG, 07-07-2021)
DECRETO 97/2021, do 10 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2022.
Ver Decreto (DOG, 07-07-2021)
FSIE recoñece e agradece a todos e cada un de vós a vosa dedicación e esforzo incansable que fixestes desde marzo de 2020.
- Ao persoal docente
- Ao persoal de Administración e servizos
- Ao persoal complementario
- Aos coidadores e persoal sociosanitario dos centros de atención a persoas con discapacidade
- A todas as persoas con discapacidade que traballan estes días incertos nos centros especiais de emprego
A todos, de corazón: GRAZAS!
Hoxe celebrouse unha nova Mesa Negociadora de Educación Infantil co fin de adaptar as táboas salariais para axustar ao SMI as categorías profesionais que se atopaban por baixo. Ademais, aprobouse un diferencial para as educadoras de 10 euros e un compromiso de diferencial futuro desta categoría respecto das auxiliares de apoio e outras categorías do persoal de administración e servizos referenciadas ao SMI.
FSIE xunto co resto das organizacións sindicais asinamos a adaptación das táboas de 2020 e 2021 ao SMI para todas aquelas categorías cuxo salario estaba referenciado a este indicador ou que sen estalo o seu salario quedouse por baixo dos 950 euros. As categorías afectadas son fundamentalmente as do persoal de aula (Educador Infantil e Auxiliar de apoio) e as do Persoal de Administración e servizos (Persoal de cociña, limpeza, mantemento, Servizos Xerais e Administrativos).