FSIE 40 años

Documentos

A Comisión Negociadora do VI Convenio de Concertada volveu reunirse no día de onte e acordou a modificación do acordo subscrito o pasado día 4 sobre as contratacións a realizar para a dotación adicional de horas.

A Comisión incluíu a posibilidade de que este contrato eventual por circunstancias da produción se poida realizar tamén, e cos mesmos prazos, para calquera aumento de persoal derivado da situación do COVID-19. Faise por tanto extensible o acordo a persoal non docente e non incluído nos incrementos de dotación das CC.AA.

Lembrámosvos as condicións recollidas no devandito acordo:
  • A modalidade contractual para facer fronte ás dotacións adicionais de persoal condicionado á COVID-19 será a de eventual por circunstancias da produción.

  • En base ás facultades dadas polo Estatuto de los Trabajadores á Mesa Negociadoras do Convenio amplíase o tempo de duración do contrato ata os 12 meses dentro dun período de 18 meses.

  • O resto de regulación farase conforme ao que establece o art. 15 do Estatuto de los Trabajadores.

  • A data de entrada en vigor deste acordo é a de 1 de setembro de 2020 para así convalidar contratacións que se fixeron baixo esta modalidade para cubrir estas necesidades excepcionais.

  

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 61 anónimos e ningún membro en liña