FSIE 40 años

Dialogo

Finalmente púidose constituír a Mesa Negociadora do VII Convenio de Concertada que quedou aprazada no mes de febreiro pola pretensión de CC.OO. de incorporar á representatividade sindical a totalidade de delegados do sector de Centros Privados de Comunidade Autónoma do País Vasco.

FSIE opúxose a esta pretensión de CC.OO. por dúas razóns: a primeira porque nunca se computou este Convenio Colectivo no ámbito do Convenio estatal de concertada e, segunda, porque se pretendía incluír a moitos delegados de empresas privadas que non están sostidas con fondos públicos e por tanto nada tén que ver co ensino concertado.

Unha vez que CC.OO. presentou un certificado no que o Goberno Vasco separa os centros Privados dos Centros de Iniciativa Social, depurando o número de delegados que non son de concertada e deixando por tanto só os que pertencen a empresas sostidas con fondos públicos, púidose constituír a Mesa en base a este novo certificado e ao que achegou en febreiro FSIE emitido polo Ministerio de Traballo.

A representatividade sindical quedou da seguinte maneira:

            NÚMERO DE DELEGADOS       PORCENTAXE

FSIE                       4.496                             44,54%

USO                       2.752                             27,26%

FeSP-UGT            1.669                             16,54%

FE-CC.OO.           1.177                             11,66%

A capacidade decisoria de cada unha das organizacións sindicais estará determinada polas porcentaxes de representatividade real que se derivan das certificacións antes referidas.

Fixáronse xa as datas das dúas próximas reunións para o 13 e o 27 de outubro.

FSIE ostentará a Secretaría da Mesa Negociadora e a Presidencia desempeñaráa a organización patronal Educación e Gestión.

FSIE espera poder mellorar as condicións laborais dos traballadores do sector e dar a estabilidade e seguridade necesaria aos nosos postos de traballo e á viabilidade do sector.

  

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 37 anónimos e ningún membro en liña