
O Instituto de intelixencia emocional e neurociencia aplicada (Idiena), en colaboración coa Universidade de La Salle, lanzaron unha enquisa dirixida a directores de colexio e a docentes, co fin de elaborar o Primeiro estudo de investigación a nivel nacional sobre A INTELIXENCIA EMOCIONAL DOS COLEXIOS EN ESPAÑA.
O obxectivo é dar voz aos directores e a docentes e recoller a súa opinión sobre a importancia da educación emocional dos alumnos e tamén dos propios docentes, especialmente nas circunstancias actuais.
Desde FSIE queremos facer chegar esta enquisa aos nosos afiliados, delegados e simpatizantes pois parécenos unha iniciativa interesante sobre un tema de crecente importancia no ámbito docente.
Ademais, as entidades promotoras ofrecen unha serie de beneficios e vantaxes para aqueles que participen na enquisa como son:
- O sorteo de 4 Cursos Universitarios de Experto en intelixencia emocional para docentes, cada un valorado en 1.075 euros, 100% virtual, e baseado na metodoloxía da micro-aprendizaxe (só 15 min ao día).
- Un seminario exclusivo de formación para docentes, "Como mellorar o benestar emocional dos alumnos na era post-covid", sobre as competencias emocionais necesarias no mundo actual.
- Será impartido de maneira conxunta por La Salle e Idiena e os participantes recibirán os correspondentes certificados de asistencia e participación.
Para todos os participantes, e independentemente do sorteo, unha bolsa do 50% no Curso experto universitario de intelixencia emocional aplicada á docencia.
Podes realizar a enquisa para docentes aquí. Para máis información sobre o proxecto podedes consultar a wed de Idiena.
Documentos relacionados