BOE paginaW

 O pasado martes 30 de Xullo, en virtude da resolución da Dirección General de Trabajo de 17 de xullo de 2019, publicábase no Boletín Oficial do Estado a acta do Acuerdo sobre Control y Registro de Jornada en los centros de educación concertada.

Para FSIE, única organización da mesa negociadora que non subscribiu o texto, o devandito acordo non profunda nin aporta criterios que poidan axudar a resolver a maioría dos problemas que van xurdir nos centros derivados da aplicación do Real Decreto-lei 8/2019 de medidas urxentes de protección social e de loita contra a precariedad laboral na xornada de traballo.

Desde o sindicato insistimos en que será necesaria a negociación en cada centro cos representantes dos traballadores para determinar que e como se vai rexistrar a xornada laboral dos traballadores. Neste proceso, FSIE seguirá traballando para que o devandito rexistro sexa efectivo e resolva, mediante o diálogo e a negociación nos centros, os problemas á hora de computar e rexistrar a xornada do persoal docente e de administración e servizos nos centros concertados.

 

Acuerdo Control y Registro de Jornada (BOE, 30-07-2019)