FSIE 40 años

Captura de pantalla 2017 03 16 a las 17.34.42Grazas a un acordo alcanzado por UNIR, a Universidade en Internet, e FSIE, podes acceder a unha das tres bolsas preconcedidas do 40% da contía do curso a asignar entre aqueles dos nosos afiliados interesados en realizar o Máster Universitario en Neuropsicoloxía e Educación que imparte en liña esta entidade e que tén como obxectivo o de aprender a deseñar programas neuropsicolóxicos para optimizar o rendemento escolar e desenvolver o talento. As bolsas concederanse por rigorosa orde de inscrición.

Trátase dun máster oficial en liña, dun ano académico de duración, que ademais inclúe prácticas externas acordes coa rama profesional elixida durante o segundo cuadrimestre do curso. Ás clases en liña en directo ás que tamén se pode acceder, súmase a experiencia dun titor persoal ao que recorrer sempre que sexa necesario. O máster outorga 60 créditos ECTS e posibilita a incorporación a programas oficiais de doutoramento, a parte de mellorar, sempre que se corresponda coa mesma área de coñecemento, o baremo nunhas oposicións, nas listas de interinos, nos concursos de traslados ou nas bolsas de emprego.
Para coñecer máis detalles deste máster, contacta cun asesor de UNIR nesta ligazón e decátate das condicións tanto de acceso á bolsa como de matrícula.

 

 

 

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 87 anónimos e ningún membro en liña