FSIE 40 años

Captura de pantalla 2017 03 27 a las 11.32.59O pasado 21 de marzo, os Conselleiros de FSIE no Consello Escolar do Estado, Jesús Pueyo Val, secretario xeral da organización, e Anxo Morán, aproveitaron a aprobación do "Informe 2016 sobre o estado do sistema educativo", para expresar ante o Pleno desta institución a posición de FSIE en defensa do ensino concertado e privado.

FSIE volveu reiterar a necesidade de alcanzar un pacto educativo baseado no artigo 27 da Constitución Española, que garante a liberdade de ensino e a libre elección dos pais da educación que desexen para os seus fillos. Ademais, quixeron deixar claro neste foro, que tal e como recentemente sentenciou o Tribunal Supremo, as redes pública e concertada son complementarias, non a segunda subsidiaria da primeira.

A intención de FSIE volveu a ser pór sobre a mesa unha realidade moi positiva na nosa sociedade como son o ensino concertado e o ensino privado.

En relación aos profesionais, FSIE demandou a inmediata regulación da profesión e a carreira docente, para que todos, con independencia da natureza do centro en que exerzan como tales, teñan recoñecidos os seus dereitos e obrigacións.

FSIE quixo tamén lembrar a importancia de que se convoque novamente a Mesa Sectorial do Ensino Concertado e a Comisión para a Análise do Módulo do Concerto, ambas as dúas previstas pola LOE. O obxectivo é recuperar un foro de diálogo impresdindible para o sector e traballar na determinación do custo real do posto escolar.

Na súa intervención, FSIE tamén pediu que as administracións non apliquen políticas arbitrarias que reduzan de forma inxustificada as aulas nos centros concertados ou dificulten a viabilidade dos mesmos.

 

 

 

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 246 anónimos e ningún membro en liña