FSIE 40 años

Captura de pantalla 2017 05 08 a las 13.53.41
A Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD), a Comisión Española de Cooperación coa UNESCO, e BBVA abriron aos docentes españois a convocatoria para participar no Premio á Acción Magistral 2017. O prazo de entrega é ata o 30 de maio.

Poden presentarse docentes que impartan clases de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Ciclos formativos de Grao Medio, Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) e Educación especial que desenvolvesen ou estean a desenvolver durante o curso escolar 2016/2017 proxectos educativos relevantes no ámbito da Educación en Valores.

Os proxectos que poden optar a premio son aqueles que promovan entre o alumnado a transmisión de valores sociais (solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, igualdade, etc.). Valorarase a orixinalidade da temática, das actividades realizadas, das estratexias educativas utilizadas, dos obxectivos establecidos e a introdución de metodoloxías educativas innovadoras. Outro aspecto valorable será o grao de participación das familias implicadas directamente na experiencia, entre outros aspectos.

Existen varios tipos de premios e categorías:

Categoría A (0 a 12 anos): Proxectos de Educación en Valores realizados por un ou varios docentes dun mesmo centro educativo de Educación Infantil e/ou Educación primaria. O gañador recibirá 4.000 euros para o/a docente ou docentes autores do proxecto e 4.000 euros para o centro educativo onde se desenvolva o proxecto.
Categoría B (12 a 18 anos): Proxectos de Educación en Valores realizados por un ou varios docentes dun mesmo centro educativo de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Medio e/ou Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI). O gañador recibirá 4.000 euros para o/a docente ou docentes autores do proxecto e 4.000 euros para o centro educativo onde se desenvolva o proxecto.
Para presentar un proxecto ao premio hai que rexistrarse na web accionmagistral.org. Coas claves pódese acceder ao formulario en liña disposto na web premio.fad.es e enviar a candidatura.

 

 

 

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 115 anónimos e ningún membro en liña