Captura de pantalla 2017 05 24 a las 13.32.42Ata este 29 de maio podes inscribirte e solicitar unha bolsa para asistir aos cursos "Claves para a mellora educativa. Unha lectura das avaliacións internacionais" ou "O desafío das ciencias: unha mirada ás avaliacións internacionais".

"Claves para a mellora educativa. Unha lectura das avaliacións internacionais" terá lugar entre os días 3 e 5 de xullo no Palacio da Madalena de Santander, sede da Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Nel exporanse a través de relatorios, talleres prácticos e mesas redondas, reflexións e claves para a mellora dos sistemas educativos así como boas prácticas levadas a cabo polos Ministerios e centros de éxito daqueles países que viron unha mellora notable nos seus resultados nas avaliacións internacionais.

Este curso estará dirixido polo Director Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial, José Luís Blanco, e intervirán, entre outros, responsables de políticas educativas do OCDE, do MECD e de Ministerios de Educación de diversos países como Estonia e Portugal.

Tamén se contará con asociacións educativas protagonistas e líderes na transformación educativa, membros da comunidade universitaria e equipos directivos de centros educativos españois e internacionais, que mostrarán casos e exemplos prácticos de melloras educativas reais e tanxibles.

"O desafío das ciencias: unha mirada ás avaliacións internacionais", realizarase na Coruña a semana do 10 ao 14 de xullo no museo MUNCYT. O curso pretende contribuír á difusión e divulgación científica no ámbito de Enxeñaría, Tecnoloxía, Matemáticas e Ciencias, denominadas internacionalmente de maneira conxunta como STEM, mediante conferencias e actividades de perfil máis práctico como son as Mesas Redondas e Talleres. Profesionais procedentes do ámbito da investigación, empresa, medios de comunicación, cooperación internacional, administración e centros educativos fomentarán o interese polas ciencias no ámbito educativo co obxectivo de promover o incremento de vocacións científicas entre os estudantes. Así mesmo, o curso dará a coñecer os datos e estatísticas máis relevantes vinculados ao estudo e tratamento das ciencias no ámbito educativo. O profesorado asistente terá a oportunidade de coñecer a planificación educativa e actividades didácticas do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña como parte do programa do curso, ampliando as xornadas de formación académica cunha visión aberta e dinámica das ciencias que achegará un complemento indispensable de calidade ao curso.

Estes cursos ofrecen créditos de formación para o profesorado acreditados polo MECD e recoñecidos polas Administracións Educativas. Contan ademais con bolsa de aloxamento e manutención, polo que os participantes unicamente deberán custearse o desprazamento ata a localidade onde se celebre o curso.

Máis información sobre a convocatoria, axudas e inscrición aquí.

 

 

 

Temos 67 anónimos e ningún membro en liña