Captura de pantalla 2017 07 19 a las 15.46.08FSIE, xunto cos sindicatos USO e FeSP-UGT, asinou este 19 de xullo as táboas salariais do VI Convenio Colectivo de Empresas de Enseñanza Privada sostenidas total o parcialmente con fondos públicos para o ano 2017.

Tal e como FSIE propuxo, unha vez publicados no BOE os Presupuestos Generales del Estado para 2017, a mesa negociadora reuniuse para proceder á negociación e firma das citadas táboas.

Cos mesmos criterios e circunstancias cos que se asinaron as anteriores para 2016 o pasado mes de marzo, estas táboas de 2017 subscribíronse cun incremento salarial do 1% para todos os traballadores.

Desta forma, os docentes e non docentes poderán percibir de forma rápida o incremento asinado con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2017, o que se suma ao incremento do 1% do ano 2016 que xa se debeu materializar nas nóminas.

Hai que sinalar que as táboas asinadas para os niveis concertados son de aplicación naquelas comunidades autónomas que xa están a abonar os salarios conforme ás asinadas para o ano 2016. O resto de Comunidades aplicará o incremento do 1% e poderá proceder á negociación e firma dun acordo de regularización salarial durante o período transitorio previsto no Convenio ata o 31 de decembro de 2018 sempre que no mesmo non se produza diminución salarial para os traballadores.

FSIE valora positivamente a firma deste novo acordo salarial e a inmediatez con que se produciu. Ademais, expuxemos a necesidade de solucionar o problema dos Enxeñeiros Técnicos, que non cobran o plus de licenciado en 1º e 2º de ESO, acordando que este tema se abordará no mes de setembro.

Así mesmo, solicitamos estudar as diferenzas existentes para os licenciados no plus de residencia e insularidad entre 1º e 2º da ESO en relación a 3º e 4º da ESO.

Tamén se propuxo a incorporación dos logopedas dentro do grupo profesional de docentes, xa que consideramos que estes profesionais fan un labor similar. Por iso se convocará tamén en setembro a comisión para a adaptación da clasificación profesional, tal e como sinala a disposición transitoria sexta.

Temos 24 anónimos e ningún membro en liña