FSIE 40 años

Captura de pantalla 2017 09 27 a las 13.24.02FSIE reuniuse este mércores co Grupo Parlamentario Socialista no Congreso dos Deputados para expresarlles a súa preocupación tras a presentación pola súa banda de dúas proposicións de lei para reformar a LOMCE, xa que este tipo de iniciativas unilaterais pode facer perigar a consecución do Pacto Educativo.

FSIE solicitou aos socialistas que intensifiquen os traballos dentro da subcomisión parlamentaria creada para alcanzar o Pacto e insistiu na necesidade de sumar o maior número de forzas políticas a esta iniciativa.

FSIE expuxo a súa clara postura sobre a complementariedade das redes educativas pública e concertada, respectando desta forma o dereito á educación e a liberdade de ensino. .

En relación á materia de Relixión e a polémica ao redor da educación diferenciada, FSIE explicou aos socialistas que hai que realizar un gran esforzo para alcanzar un acordo sobre estas materias de forma que se respecten os dereitos de todos e ninguén salga prexudicado.

FSIE aproveitou esta reunión para solicitar ao Grupo Socialista que apoie a demanda da organización para elaborar canto antes dunha Lei da Función Docente que regule a profesión de todos os docentes, con independencia da natureza do centro no que decidan exercer. Así mesmo demandou que se recolla nos Orzamentos Xerais do Estado a equiparación salarial dos docentes do ensino concertado cos funcionarios da pública; e que se traballe para acordar proximamente a modificación da lexislación vixente e aprobar o pago delegado para o Persoal de Administración e Servizos (PAS).

FSIE mostrou a súa disposición a seguir traballando co Grupo Socialista en todas as cuestións relacionadas coa mellora do sistema educativo e poida facerse realidade o Pacto Político, Social e Territorial.

Pola súa banda o Grupo Socialista ha traslado a FSIE a súa intención de seguir traballando na consecución do Pacto Educativo e na procura de acordos polo que ambas as organizacións seguirán mantendo reunións de traballo co fin de poder atopar puntos en común que permitan avanzar.


 

 

Temos 35 anónimos e ningún membro en liña