FSIE 40 años

Captura de pantalla 2017 09 29 a las 10.00.41O secretario xeral de FSIE, Francisco Javier Muñoyerro, xunto co secretario de Acción Sindical, Miguel Malla; o secretario de Organización, Jesús Pueyo; e a vogal da Secretaria Xeral Jerónima Ordoñez, reuníronse esta semana con Sandra Moneo, portavoz do Partido Popular (PP) na Comisión de Educación do Congreso dos Deputados, para expresarlle a súa preocupación polo feito de que se estean presentando nestes momentos diversas iniciativas parlamentarias que poderían entorpecer os traballos que está a levar a cabo a Subcomisión de Educación, o que suporía que non se alcanzase o Pacto Educativo.

FSIE pediu ao PP o máximo esforzo para que finalmente o pacto acabe sendo unha realidade e volveu a insistir en que o alicerce fundamental do mesmo debe ser o artigo 27 da Constitución e a liberdade de ensinanza, e como consecuencia diso a complementariedade das redes pública e concertada. Ademais, FSIE solicitou á formación popular o seu apoio á súa reivindicación de elaborar canto antes unha Lei da Función Docente que regule a profesión de todos os docentes e non só dos funcionarios públicos.

A visita foi aproveitada para pór en coñecemento do PP senllas cartas dirixidas pola organización ao ministro de Facenda e ao ministro de Educación ao comezo do curso, co fin de que se garantan para o persoal docente de centros concertados os mesmos incrementos salariais que se están negociando para os funcionarios públicos para os Orzamentos Xerais do Estado do 2018 e seguintes. Así mesmo, FSIE trasladou a Moneo a súa petición de modificar a lexislación actual sobre os concertos educativos para que se poida aplicar o pago delegado ao Persoal de Administración e Servizos.

Desde o PP, segundo asegurou Sandra Moneo, vaise defender a liberdade de ensinanza e a complementariedade das redes, ademais de afirmar que entenden que é necesario dignificar e mellorar a situación do profesorado, estando de acordo en que hai que regular a profesión docente e a formación de todos e para todos os que a exercen.


 

 

Temos 33 anónimos e ningún membro en liña