PARA IMPRIMIR CARTEL diadelmaestro2017Con motivo da celebración este 5 de outubro do Día Mundial dos Docentes, establecido pola Unesco, a Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza (FSIE), a organización sindical con representación maioritaria no ámbito do ensino privado e concertado, quere felicitar a todos os profesionais da educación, recoñecendo así o seu gran labor e a súa contribución ao desenvolvemento social, esperando, ademais, que se traballe pola posta en valor dunha carreira que é de vital importancia para a construción da sociedade do futuro.
Apoiándose na lema elixido pola Unesco para este ano "Enseñar en libertad, reconociendo la capacidad de los docentes", FSIE quere tamén lanzar unha mensaxe de apoio a todos os profesionais que cada día, e non só hoxe, dedican o seu esforzo á formación de miles de alumnos nas nosas aulas, e que necesitan dunhas garantías que permitan o exercicio do seu labor nas mellores condicións, permitindo así que a educación chegue a todos en igualdade de condicións, desde o respecto á liberdade de ensino e o recoñecemento da autoridade do docente como o profesional capacitado que é.

FSIE aproveita este día para pór en valor a tarefa que miles de docentes realizan en todos os centros do país, chamando á sociedade a que recoñeza a importancia da mesma, porque todos eles, exerzan en centros públicos, concertados ou privados, están a contribuír á formación das xeracións que hoxe xa son o futuro e merecen que a súa función sexa valorada de forma digna, xusta e positiva.

Cando aínda se segue traballando pola consecución do tan necesario Pacto Educativo para mellorar o sistema educativo do noso país, FSIE chama novamente a realizar os esforzos necesarios para que o acordo sexa unha realidade na que todos teñamos un sitio, e insta a dar voz e a ter moi en conta aos que sen dúbida son alicerce esencial do sistema: os docentes.

Nesta liña, FSIE segue reclamando a Lei da Función Docente para velar polos dereitos e obrigacións de todos os profesionais da educación, con independencia da natureza do centro onde exerzan como tales, dándolles o lugar que se merecen, mellorando as súas condicións laborais e profesionais, apostando por unha adecuada formación inicial, e reclamando máis atención á formación permanente.


Documentos relacionados
Nota de Prensa
Cartel Dia Mundial dos Docentes 2017 - material para imprimir
Cartel Dia Mundial dos Docentes 2017 - material dixital
Post para Facebook Día Mundial dos Docentes 2017 - material dixital
Post para Twitter Día Mundial dos Docentes 2017 - material dixital 

 

 

Temos 31 anónimos e ningún membro en liña