FSIE 40 años

Captura de pantalla 2017 10 05 a las 10.22.14FSIE pechou este mércores a súa rolda de contactos cos grupos parlamentarios sentándose cos representantes de Cidadáns Marta Martín, portavoz na Comisión de Educación do Congreso dos Deputados; e Miquel Careaga, asesor técnico educativo do grupo.

FSIE, do mesmo xeito que xa fixo días atrás nos seus encontros co Grupo Parlamentario Socialista e o Grupo Parlamentario Popular, trasladou a Cidadáns a súa preocupación pola presentación na Cámara Baixa de distintas iniciativas que poderían desviar os traballos que se están levando a cabo na Subcomisión de Educación para o Pacto Educativo, entorpecendo así o seu desenvolvemento e pondo en perigo a posibilidade de alcanzalo co maior dos consensos posibles.

A reunión aproveitouse tamén para expoñer á formación laranxa a situación real que viven os profesionais docentes e non docentes do ensino privado concertado, e darlles a coñecer cales son as reivindicacións que desde a organización se fan co fin de solicitar o seu apoio. Entre elas estarían a consecución da equiparación salarial dos docentes dos centros concertados cos seus homólogos da función pública; o incremento dos soldos; o recoñecemento da profesión docente coa elaboración dunha Lei da Función Docente para todos os profesionais; ou o fin do debate interesado sobre a educación pública e concertada, deixando claro que se trata de redes complementarias.

FSIE informou a Cidadáns do rexistro de senllas cartas dirixidas ao ministro de Facenda e o de Educación, respectivamente, nas que se solicita que se garantan os incrementos salariais, que se están negociando para os funcionarios públicos e que se recollerán nos Presupueatos Generales del Estado de 2018 e seguintes, tamén para os profesionais da educación concertada. Ademais, a organización espuxo a súa petición para modificar a lexislación actual para que se poida aplicar o pago delegado ao Persoal de Administración e Servizos (PAS) dos centros concertados.

Cidadáns deixou claro a FSIE que a intención do seu partido é continuar traballando para alcanzar o Pacto Educativo, cumprindo co obxectivo que se propuxo a subcomisión, que non é outro que o de elaborar un completo informe da situación educativa real que se vive no noso país para envialo ao Ministerio de Educación e que este poida tomar as medidas oportunas. A formación laranxa asegurou que non admitirá desviacións do traballo, nin consentirá inxerencias políticas, territoriais ou doutra índole na redacción e conclusións do devandito informe.

Cidadáns mostrou, ademais, o seu interese pola situación do ensino concertado e sobre a súa representación no conxunto nacional, así como polo custo real do posto escolar e pola situación dos profesionais, sendo moi receptivos, neste último caso, á elaboración dunha futura Lei da Función Docente.

FSIE e Cidadáns pecharon o seu encontro coa disposición por ambas as partes de seguir mantendo contacto e traballar conxuntamente en todo aquilo que sexa beneficioso para a Educación en España.


 

 

Temos 35 anónimos e ningún membro en liña