FSIE 40 años

Captura de pantalla 2017 10 09 a las 12.45.55Tras o encontro bilateral celebrado no mes de xuño, Francisco Javier Muñoyerro, secretario xeral de FSIE, reuniuse de novo con Marco Aurelio Rando, director xeral de Avaliación e Cooperación Territorial na sede do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (MECD). Na reunión, FSIE solicitou ao seu interlocutor que o MECD cumpra co recolleito na LOMCE e convoque o máis axiña posible a Mesa Sectorial de negociación do Ensino Concertado, que non foi convocada desde 2011 a pesar de estar contemplada na lei promovida e aprobada polo Partido Popular (PP), e que é o marco legal para negociar e acordar entre a administración estatal e as organizacións sindicais e empresariais cuestións de enorme importancia para os profesionais e o conxunto do sector.

FSIE rexistrou o pasado 15 de setembro senllas cartas dirixidas aos ministros de Educación e de Hacienda, respectivamente, nas que esixía que os acordos sobre retribucións que se alcancen cos funcionarios públicos para 2018 e anos posteriores sexan de aplicación aos docentes en pago delegado do ensino concertado, posto que estes tamén foron obxecto dos mesmos recortes que os funcionarios. Por iso, FSIE considera necesario subscribir un acordo coas mesmas características que puidese conter o da función pública, xa que de non ser así se incorrería nun agravio e discriminación que a organización non está disposta a aceptar.

FSIE reiterou ao MECD a necesidade, ademais, de subscribir un acordo que faga realidade a equiparación salarial entre docentes da rede pública e concertada, tal e como se establece no artigo 117.4 da LOE e entregou un estudo das actuais diferenzas existentes nos Presupuestos Generales del Estado (PGE), polo que pediu negociar un calendario que asegure ao persoal docente en pago delegado a equiparación do conxunto de retribucións fixadas para os funcionarios públicos docentes, incluídos os sexenios.

FSIE manifestou tamén ao MECD a necesidade de modificar a lexislación vixente sobre os concertos educativos e a contía do módulo económico do concerto, solicitando a aplicación do pago delegado ao persoal de administración e servizos e ao persoal complementario de centros concertados de atención a persoas con discapacidade, e, tamén, que o módulo responda e cubra o custo real do posto escolar, o que solucionaría as dificultades económicas que teñen os centros e permitiría eliminar as cotas ou achegas voluntarias que fan as familias ante a insuficiencia orzamentaria.

FSIE confía, que estas e outras cuestións expostas no encontro, poidan ser tratadas na Mesa Sectorial proximamente, polo que reitera a necesidade de que sexa convocada nun prazo curto de tempo.


Documentos relacionados 

Carta rexistrada no MECD

Boletín digital

 

 

Temos 36 anónimos e ningún membro en liña