FSIE 40 años

 
Captura de pantalla 2017 11 22 40anosfsieOs case 200 liberados de FSIE déronse cita en Madrid este 21 e 22 de novembro para a celebración do 40 Aniversario da organización e para participar nunha xornada dedicada a falar de historia, presente e futuro. O relatorio "A maxia da comunicación", do mago Jorge Luengo, abriu o encontro.

Palabras como confianza, intuición, xuntos, retos, superación, innovación ou ilusión foron as que guiaron unha posta en escena chea de "maxia", e que incidiu na necesidade de traballar de forma constante, sen renderse, aproveitando as oportunidades e afrontando novos retos para sempre ofrecer a mellor versión dun mesmo e lograr as metas propostas, que en FSIE pasan pola mellor defensa posible dos dereitos de todos os profesionais do sector do ensino privado e atención ás persoas con discapacidade aos que a organización dá voz.

Tras o acto institucional que contou coa presenza de distintas personalidades do mundo educativo, representantes de organizacións patronais e sindicais do sector, co presidente do Consello Escolar do Estado, Anxo de Miguel Casas, e co secretario de Estado de Educación, Marcial Marín Hellín, que foi o encargado de clausurar o evento, FSIE levantábase lista para abordar unha xornada dedicada á formación e as propostas de futuro.

Os liberados asistentes participaron en talleres informativos e formativos sobre o uso das novas tecnoloxías e as accións encamiñadas á mellora da acción sindical da organización. Ademais, por boca do presidente de FSIE, Francisco Javier Hernández Varas; e do secretario xeral, Francisco Javier Muñoyerro García, puideron coñecer de primeira man as liñas que se están seguindo para abordar temas de calado como a consecución do Pacto Educativo ou as melloras das condicións laborais e salariais de todos os profesionais -docentes e non docentes- do sector. Tratáronse tamén cuestións referentes aos acordos alcanzados polo sindicato para facilitar a formación de todos os seus afiliados, e falouse do reto da formación profesional como un dos focos nos que FSIE tén previsto traballar nos próximos meses.
Como punto nostálxico, pero cargado de visión de futuro, durante os actos celebrados púidose ver o vídeo conmemorativo dos 40 anos de historia de FSIE.





 

Temos 66 anónimos e ningún membro en liña