FSIE 40 años

Captura de pantalla 2017 11 27 a las 11.49.03FSIE celebra este ano o Día Internacional das Persoas con DiscapacidadE baixo a lema "Buscamos cómplices. Construamos unha sociedade inclusiva", lembrando á sociedade no seu conxunto e aos axentes políticos a importancia de traballar pola completa inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos, porque teñen moito que achegar. Para FSIE, firmemente comprometida co sector da atención a persoas con discapacidade, é necesario dar visibilidade a un colectivo que representa unha porcentaxe importante do talento dun país, e non só nun día sinalado.

Por iso, reclama a todas as administracións públicas un maior esforzo económico e social para construír un mundo máis tolerante, plural e con igualdade de oportunidades. Desde o seu ámbito de actuación, FSIE proponse a eliminación de barreiras, tanto físicas, como sociais e económicas, e empéñase na promoción de accións que permitan facer visible a situación que afecta a un colectivo con peso social que sofre discriminación en moitos aspectos.

Aproveitando o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, FSIE quere chamar novamente a atención sobre o necesario desenvolvemento de políticas que garantan os dereitos e o benestar destas persoas, e busca sensibilizar sobre o positivo da inclusión dun colectivo que representa o 10% do talento do noso país. Para FSIE é esencial fomentar o respecto á dignidade inherente, a autonomía individual, a independencia, a participación e a inclusión plenas e efectivas na sociedade, o recoñecemento da diferenza e a aceptación da mesma, ou a igualdade de oportunidades.

Converterse en "cómplices" para conseguir que a sociedade sexa inclusiva é cousa de todos. Educación, emprego, sanidade ou atención á dependencia son campos nos que segue sendo necesario concentrar esforzos se queremos que ser unha persoa con discapacidade non supoña ser unha persoa diferente, entendido este termo como discriminatorio. FSIE insta aos poderes públicos a que poñan en marcha medidas reais e efectivas para que, aínda en tempos de dificultades, este colectivo siga sendo unha prioridade.


Documentos relacionados
Nota de prensa
Cartel Día Internacional de las Personas con Discapacidad 2017 - material para imprimir
Cartel Día Internacional de las Personas con Discapacidad 2017 - material digital
Post para Facebook Día Internacional de las Personas con Discapacidad 2017 - material digital
Post para Twitter Día Internacional de las Personas con Discapacidad 2017 - material digital

 

Temos 63 anónimos e ningún membro en liña