FSIE 40 años

Captura de pantalla 2018 01 17 a las 10.05.08No marco das negociacións que o Ministerio de Hacienda y Función Pública está a manter coas organizacións sindicais, FSIE reuníase este martes coa secretaria de Estado da carteira, Elena Collado, á que acompañaban o director xeral da Función Pública, Javier Pérez, e a adxunta ao director xeral de Costes del Personal, Mirian Val.

Este primeiro encontro chega tras as reiteradas solicitudes por parte de FSIE da recuperación dos salarios recortados aos profesionais do ensino concertado nos mesmos prazos e cantidades que os seus homólogos da función pública, ademais de pedir que se dean os pasos necesarios para alcanzar a efectiva equiparación salarial que está recollida no artigo 117.4 de LOE.



O obxectivo esencial da reunión foi encamiñar os traballos para fixar o incremento das retribucións para o colectivo de profesionais do ensino privado e concertado, ao que FSIE representa maioritariamente, e que se recollerá nos Presupuestos Generales de Estado (PGE) para o ano 2018 e seguintes.

FSIE volveu lembrar que os docentes do ensino concertado foron obxecto dos mesmos recortes salariais aprobados para os funcionarios en 2010, polo que solicita novamente que esta cuestión se teña presente na elaboración dos seguintes Presupuestos Generales de Estado, de tal forma que poidan recuperarse as cantidades non percibidas en igualdade de condicións con respecto aos membros da función pública.



 

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 86 anónimos e ningún membro en liña