FSIE 40 años

Captura de pantalla 2018 01 24 a las 10.44.34FSIE, en defensa dos dereitos de todos os traballadores do sector do ensino concertado e privado, volveu a solicitar ao Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (MECD), por terceira vez no que vai de curso escolar, a convocatoria con carácter urxente da Mesa Sectorial de negociación de la  Enseñanza Concertada, cumprindo co recolleito no artigo 2.bis da LOMCE, que contempla este foro como marco legal para negociar e acordar entre a administración estatal e as organizacións sindicais e empresariais todas as cuestións de importancia que afectan tanto os profesionais como ao conxunto do sector.

FSIE, que con data 15 de setembro e 9 de outubro de 2017 rexistrou senllos escritos ante o MECD, volveu a reiterar ao Ministerio nesta última solicitude, rexistrada este 22 de xaneiro de 2018, que é necesaria a convocatoria da mesa, que non se realiza desde 2011, para abordar, entre outros asuntos:

-A aprobación da normativa legal necesaria para asegurar que en 2018 o persoal docente de centros concertados terá os mesmos incrementos salariais que os funcionarios públicos evitando a conxelación salarial como consecuencia dunha posible prórroga orzamentaria para este exercicio e que non será aceptada por FSIE

-A negociación do acordo de equiparación salarial que inclúa os sexenios.

-A aplicación do pago delegado ao persoal de administración e servizos (PAS).

-A finalización do estudo do custo real do posto escolar e a actualización do financiamento deficitario establecida nos módulos do concerto.

-A negociación do incremento da ratio profesor/aula e a redución da carga lectiva.

-A negociación dun novo Real Decreto do réxime básico dos concertos educativos.

-A análise das titulacións do profesorado que imparte docencia en centros privados.

FSIE tamén lembra que tras as reunións bilaterais mantidas no mes de xuño e de outubro co secretario de Estado de Educación, Marcial Marín, e co director general de Evaluación y Cooperación Territorial, Marco Aurelio Rando, respectivamente, a quen se trasladou persoalmente estas demandas, a mesa segue sen ser convocada, co consecuente incumprimento do recollido na lexislación, que supón, como consecuencia grave, unha ausencia de diálogo e negociación que para FSIE demostra unha clara falta de consideración cara aos profesionais e cara ao sector.

FSIE espera a resposta urxente do MECD dado o calado dos asuntos a tratar e a necesidade de facelo no foro establecido para iso, que non é outro que a Mesa Sectorial de negociación de la Enseñanza Concertada.


Documentos relacionados
Carta registrada en el MECD el 22 de enero de 2018 
Carta registrada en el MECD el 9 de octubre de 2017
Carta registrada en el MECD el 15 de septiembre de 2017

 

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 86 anónimos e ningún membro en liña