FSIE 40 años

Captura de pantalla 2018 02 01 a las 13.12.32A Secretaría General de FSIE reuniuse os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro en Zaragoza para abordar temas de actualidade que afectan ao sector do ensino privado e concertado e dos profesionais de atención ás persoas con discapacidade.

Os asistentes a este encontro analizaron, entre outras cuestións, como se están desenvolvendo as distintas negociacións nas que FSIE participa; as achegas que se farán desde a Organización, sempre preocupada pola defensa dos dereitos e intereses dos profesionais e polo mantemento e mellora das condicións laborais en todas as comunidades autónomas, a pesar das dificultades existentes; ou como se debuxa o panorama en relación ao sistema educativo agora que a actualidade volve recaer sobre o Pacto Educativo e a necesidade de alcanzalo.

FSIE reiterou o seu compromiso cos profesionais do sector ao que representa e volve incidir na necesidade de que tanto o pacto como a nova lei educativa que se derive del se apoien sobre alicerces básicos como os recolleitos no artigo 27 da Constitución, que garante a liberdade de elección das familias da educación que desexen para os seus fillos, ou sobre a complementariedade das redes pública e concertada como garantía da pluralidade necesaria en toda sociedade democrática.

 

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 87 anónimos e ningún membro en liña