
A Mesa Sectorial, establecida no art. 2 bis da LOE modificada pola LOMCE, non se reuniu desde o ano 2011. A súa convocatoria servirá como instrumento de negociación para a mellora das condicións dos profesionais e dos centros de ensino concertado .
Entre outros, os principais temas que FSIE expuxo ao MECD para a súa negociación serían:
-Melloras para o persoal docente: calendario de aplicación da equiparación salarial incluídos os sexenios, redución de cociente profesor/alumno e carga lectiva ou persoal complementario.
-Persoal de Administración e Servizos (PAS): estudo da fórmula xurídica que permita o pago delegado a este persoal.
-Mantemento das condicións actuais de xubilación parcial.
-Sobre o Pacto Educativo: complementariedade das redes e financiamento. Elaboración da Ley de la Función Docente para todos os profesionais, con independencia da natureza do centro no que exerzan.
-Aprobación dun novo Real Decreto que regule os concertos.
-Estudo das titulacións do profesorado.
FSIE valora positivamente que, tras o traballo que a organización vén realizando, finalmente o Ministerio de Educación vaia a proceder á convocatoria da Mesa Sectorial de la Enseñanza Concertada, o que permitirá expór estes temas e outros máis, comezando así o debate e a negociación. Sen dúbida, este é o primeiro paso que FSIE necesitaba e conseguiuno.