FSIE 40 años

Día Muller 2018FSIE felicita a todas as mulleres neste día e, como organización sindical representativa no sector do ensino privado e centros de atención a persoas con discapacidade, faino especialmente coas compañeiras que desenvolven o seu traballo neste sector.

FSIE defende e traballa porque o principio de igualdade presida o conxunto das relacións persoais e sociais de presente e de futuro, sendo este un logro irrenunciable no que a educación ten moito que achegar para seguir eliminando as inxustificables diferenzas que aínda hoxe existen e que son claramente discriminatorias e prexudiciais para as mulleres.

Para FSIE son incomprensibles e deben reconducirse no menor tempo posible. Non pode existir unha brecha salarial, un trato diferenciado sexista en aspectos laborais, a percepción de pensións distintas polo feito de ser muller, etc.

FSIE participará sempre en todas as propostas e debates tendentes a lograr a equiparación salarial real e tamén a igualdade de dereitos entre homes e mulleres.

Por iso, FSIE é e será sempre unha organización solidaria con cantas propostas se realicen neste campo e que teñan a intención clara de sumar a todas as persoas, a todas as vontades e a todas as formas de pensar posibles, xa que tanto a sociedade na que cre, como a educación que defende, son dinámicas, plurais e diversas.

Nesta ocasión non puidemos participar como organización nas accións convocadas por outros colectivos. Estando de acordo en moitos dos aspectos expostos e nos que FSIE traballará para que deixen de existir, non o puidemos facer porque os promotores expoñen que a solución a estes problemas está nunha escola pública e laica. Os profesionais, docentes e non docentes, que traballamos nos centros de ensino concertado e privado cremos, traballamos e educamos no principio de igualdade entre homes e mulleres. A defensa deste principio e deste dereito das mulleres non é patrimonio nin monopolio exclusivo dun tipo determinado de ensino. Desde a pluralidade pódense perseguir os mesmos fins e este é un exemplo claro.

Feitos e accións como esta son os que permitirán ir acabando co tratamento discriminatorio que nestes momentos padecen as mulleres e que no noso ordenamento xurídico e democrático non poden ter cabida.

Documentos relacionados
Nota de prensa

 

 

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 285 anónimos e ningún membro en liña