Captura de pantalla 2016 10 20 a las 12.42.41FSIE DEFENDERÁ A APLICACIÓN MÁIS BENEFICIOSA DESTA SENTENZA PARA OS PERMISOS SINALADOS EN TODOS OS CONVENIOS E EMPRESAS DE ENSINO PRIVADO, CONCERTADO E ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE.

O Tribunal Supremo en Sentenza de data 13 de febreiro de 2018 (Rec. 145/2016) estableceu un novo criterio sobre a data de inicio do goce dos permisos retribuídos de matrimonio, nacemento de fillo e falecemento de familiar, cando o feito causante do mesmo sucede nun día festivo.

A Sentenza establece:

"O día inicial para o goce dos permisos cando o feito causante prodúzase en día feriado debe ser o primeiro día laborable que lle siga."

O fallo da sentenza refírese exclusivamente aos permisos de:

Matrimonio
Nacemento de fillo
Falecemento de familiar

Aínda que, dos ARGUMENTOS XURÍDICOS da sentenza se puidese desprender unha aplicación xeneralizada ao resto de permisos, hai que ser cautos e valorar caso por caso.

Documentos relacionados
boletín digital FSIE