FSIE 40 años

edificioMECDEn caso de non obter resposta, FSIE adoptará outras medidas para defender os intereses dos profesionais e do sector.

FSIE rexistrou con data 28 de maio un escrito dirixido ao Ministro de Educación dicíndolle que segue sen ser convocada a Mesa Sectorial prevista na LOMCE.

O Sr. Ministro recibiu no presente curso 5 escritos rexistrados por FSIE e un máis asinado co resto de organizacións sindicais e patronais pedindo dita convocatoria. Ademais, o propio Ministerio no mes de febreiro prometeu a convocatoria da Mesa e, transcorridos case catro meses do seu anuncio, non o fixo.

FSIE pide a convocatoria urxente para establecer un calendario de negociacións sobre os múltiples temas que xa expuxemos priorizando, neste momento e pola súa urxencia, a aplicación dos Orzamentos Xerais do Estado para 2018 nos salarios do persoal docente en pago delegado sobre os que FSIE expuxo unha serie de dúbidas que necesitan aclaración e resposta oficial.

FSIE comunicou ao Sr. Ministro que se segue sendo imposible o diálogo e a negociación pola falta de convocatoria da Mesa, imos defender os intereses dos profesionais por outros medios.
 

Documentos relacionados
Escrito rexistrado no MECD (28-05-2018)

 

 

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 445 anónimos e ningún membro en liña