FSIE 40 años

XConvenioA Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza (FSIE), xunto ao resto de sindicatos e as patronais asinaron esta mesma mañá en Madrid o X Convenio colectivo nacional de Centros de Enseñanza Privada de Régimen General o Enseñanza Reglada sin ningún nivel concertado o subvencionado Tras varios meses de negociacións chegouse a un acordo para redactar o borrador final que inclúe melloras importantes para os case 40.000 profesionais do sector.

Para FSIE, organización sindical maioritaria en representación do conxunto dos profesionais do ensino concertado, privado e de centros de atención a persoas con discapacidade, o texto non reflicte todas as melloras que serían desexables e necesarias pero supón un avance nalgunhas das problemáticas que se reivindicaron repetidas veces e o desbloqueo da conxelación salarial desde 2013.

A firma deste X Convenio de Enseñanza Privada, tras máis dun ano de duras negociacións sen achegamento efectivo das partes, supón un gran paso que foi posible pondo o foco nas necesidades máis demandadas polos propios traballadores. Desde a organización sindical valórase o acordo  como "positivo pero é imprescindible seguir traballando a través da comisión técnica para lograr incluír medidas tan importantes como a revisión e mellora da xornada laboral".
 

Documentos relacionados
Nota de Prensa

 

 

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 228 anónimos e ningún membro en liña