FSIE 40 años

Permiso PaternidadTras a entrada en vigor da nova Ley de Presupuestos Generales del Estado a pasada semana o permiso por paternidade pasou do catro ao cinco semanas ininterrompidas de duración.

Os pais de bebés nados a partir do 5 de Xullo poderán beneficiarse desta ampliación, aplicándose tamén nos casos de adopción ou acollemento de menores cuxa idade non supere os 6 anos, á que se lle suman dous días extra por cada fillo a partir do segundo.


Cando?

Estas semanas poderán gozarse unha vez finalizado o permiso retribuído por nacemento establecido por convenio, ou no seu caso desde a resolución xudicial que constitúe a adopción ou acollemento, en calquera momento durante a baixa por maternidade ou inmediatamente despois da finalización da mesma.

Canto?

A contía económica do subsidio é equivalente ao 100% da base reguladora establecida para a prestación por Incapacidade Temporal por continxencias comúns.

Como?

A última semana do permiso poderá gozarse de forma independente, previo acordo coa empresa, dentro dos nove meses seguintes ao nacemento, adopción ou acollida. Ademais, a suspensión da actividade poderá facerse en réxime de xornada completa ou parcial dun mínimo do 50% sendo compatible co permiso de maternidade e os períodos de descanso establecidos.

Para ter dereito ao permiso tense que estar afiliado, en alta ou en situación asimilada e ter un período mínimo de cotización de:

180 días dentro dos 7 anos inmediatamente anteriores á data do inicio da devandita suspensión ou permiso.
Ou ben 360 días ao longo da vida laboral.
Toda a información necesaria sobre a documentación que se debe presentar está dispoñible aquí.

FSIE considera que, aínda que positiva, esta medida é insuficiente para contribuír á subida da natalidade e axudar a combater o alarmante proceso de envellecemento da nosa sociedade cuxos efectos no sistema educativo, como a falta de alumnado, son cada vez máis visibles. Aínda que estamos por encima dalgúns dos nosos países veciños aínda distamos moito de países como Suecia, con 480 días de permiso a repartir entre ambos os proxenitores, ou Noruega, con 315 para a nai e 112 para o pai. Por iso, desde a organización sindical reclámase que os permisos, tanto de maternidade como de paternidade, se incremrnten ata situarnos á cabeza de Europa co fin de pór solución á grave crise demográfica existente.
 

Documentos relacionados
Información Permiso de Paternidade
Documentación

 

 

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 62 anónimos e ningún membro en liña