FSIE 40 años

isabel celaa 1 640x384Esta mesma mañá FSIE rexistrou un escrito dirixido á Ministra de Educación e Formación Profesional trasladándolle a nosa preocupación e inquietude polas súas declaracións na Comisión de Educación do Congreso dos Deputados.

Sen ningún diálogo nin negociación, rompendo a posibilidade de calquera novo intento de Pacto Educativo, o Ministerio parece que xa decidiu a modificación dalgúns aspectos da LOMCE entre os que se atopan algúns relacionados coa ensinanza concertada.

Desde FSIE deixamos claro á Ministra que a LOMCE non beneficiou á ensinanza concertada e moito menos aos seus profesionais e que esperamos nos convoque nos próximos días para explicarnos, de primeira man e con todo detalle, as súas pretensións para poder dar unha resposta adecuada.

Unha vez máis enfrontámonos a unha situación de hostilidade cara áensinanza concertada que, por desgraza, xa nos é familiar e que está a xerar alarma dentro do sector.

As declaracións feitas no día de onte por Isabel Celaá supoñen un novo e reiterado ataque á liberdade de ensinanza e a libre elección dos pais anunciando a retirada da "demanda social" na oferta educativa e os concertos á educación diferenciada. A pesar das numerosas Sentenzas do Tribunal Supremo avalando a constitucionalidade da complementariedade de ambas as dúas redes atopámonos con que se segue considerando o ensinanza concertada subsidiaria da pública e preténdese tratala como tal. O novo recoñecemento e anuncio de melloras para o profesorado da ensinanza pública, sen mención algunha ós profesionais da concertada, e a reavivada polémica respecto da materia de Relixión, deixando entrever un claro empeño por sacala do sistema educativo, así nolo fan ver.

Nas súas primeiras intervencións a Ministra anunciou que dialogaría coa comunidade educativa na súa totalidade e que a ensinanza concertada non tiña nada que temer. Con todo, non se corresponden estas declaracións coas decisións que parece vai tomar a tenor da súa comparecencia no día de onte. Por tanto volvemos a solicitarlle a convocatoria da Mesa Sectorial da Ensinanza Concertada como marco no que se debe producir o diálogo e debate cos axentes integrantes do sector. Esperamos a súa convocatoria.
 

 

 

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 96 anónimos e ningún membro en liña