FSIE 40 años

Carta 16 JulioFSIE segue traballando para que se convoque a Mesa Sectorial de la Enseñanza Concertada, se aplique correctamente e sen prexuízo a subida salarial en niveis concertados e por unhas táboas salariais xustas para o PAS e niveis non concertados que esperamos poder asinar canto antes.

O pasado venres día 13 , o Consello de Ministros aprobou un incremento adicional do 0, 25% do salario dos funcionarios a partir deste mes de xullo que se suma ao 1,5% de subida establecida desde o 1 de Xaneiro de 2018. Isto supón que a finais de ano os empregados públicos verán incrementada a súa nómina nun 1,75% respecto de 2017 en comparación co 1,625% de subida que experimentou o módulo do concerto.

Subir un 1,625% na concertada durante todos os meses, aínda que implique un aumento da retribución anual equivalente, suporía non acabar cun incremento total do 1,75% reflectido na nómina de decembro. Isto contribuiría a que a diferenza coa pública aumentase xa que a masa salarial sobre a que se aplicará a subida en 2019 sería inferior. Por tanto a subida en niveis concertados debe ser aplicada por tramos, do 1,5% ata xuño incrementándose o 0,25% adicional de xullo a decembro.

FSIE xa alertara desta situación polo que solicitamos aos novos Ministerios de Hacienda e de Educación que clarifiquen a viabilidade da nosa proposta. Ademais, de face a liquidar esta situación nos próximos anos, o sindicato pediu ao Ministerio de Educación que se inicie a negociación dun Acordo que garanta os mesmos incrementos e nas mesmas condicións que aos funcionarios públicos para 2018, 2019 e 2020.

Tamén solicitamos novamente a convocatoria da Mesa Sectorial de la Enseñanza Concertada na que se debe negociar simultáneamente un acordo de equiparación salarial que, a fin de corrixir as desigualdades actuais, deberá levar incrementos salariais no módulo do concerto superiores aos da función pública.

Mentres non se convoque a Mesa Sectorial seguirannos aplicando o que pactan cos sindicatos da función pública e que nunca será suficiente para nós. Mentres non nos permitan negociar non poderemos avanzar na equiparación salarial e non lograremos que se apliquen outras melloras ao noso sector que se reservan para eles sós.

Ademais, para o Persoal de Administración e Servizos e niveis non concertados proporemos na mesa de negociación do VI Convenio uns incrementos porcentuais non inferiores ao módulo do concerto.
 

 

 

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 72 anónimos e ningún membro en liña