FSIE 40 años

inicio curso esc 18 19A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza, organización sindical maioritaria no ensino concertado e privado, compromete o seu máximo esforzo durante este curso escolar 2018/19 para lograr que o diálogo e a negociación sexan protagonistas do mesmo.

Para iso, consideramos absolutamente imprescindible que o Ministerio de Educación y Formación Profesional (MEFP) convoque en setembro a Mesa Sectorial de la Enseñanza Concertada para comezar a tratar os numerosos asuntos que afectan ó sector, facendo especial fincapé na negociación de medidas de mellora para os docentes e persoal de administración e servizos.


A equiparación salarial dos docentes incluíndo os sexenios, o pago delegado para o PAS, mellorar a xubilación parcial, reducir a carga lectiva, actualizar o financiamento a custo real dos concertos son, entre outros, temas principais que requiren alcanzar acordos que corrixan os déficits actuais.

Especialmente preocupantes son as políticas educativas que pon en perigo o mantemento dos postos de traballo no ensino concertado e a estabilidade dos centros. Por iso opómonos con firmeza ante quen, en contra do establecido na normativa vixente e da reiterada xurisprudencia do Tribunal Supremo, consideran o ensino concertado como subsidiaria do ensino público e lembramos que ambas as dúas redes son complementarias, forman parte do servizo de interese público que é a educación e deben ser tratadas en igualdade de condicións por todas as administracións públicas algo que, de forma xeneralizada, non é así.

O contexto político no que se vai desenvolver este curso escolar fai necesario tratar de evitar que a educación sexa un tema que provoque enfrontamento e inestabilidade e que siga sendo usada de forma partidista como arma arreboladiza.

A celebración das eleccións autonómicas e municipais fai que de novo a educación forme parte do debate electoral e desde FSIE pedimos aos partidos políticos que busquen solucións e acordos que acheguen melloras aos verdadeiros problemas do sistema educativo que non son nin a complementariedade do ensino concertado nin a relixión. Respectar o art. 27 da Constitución, a liberdade de ensino que nel se establece e valorar, recoñecer e potenciar o extraordinario traballo que todos os profesionais da educación realizan sería sen dúbida o mellor punto de partida para o novo curso que comezamos.


Documentos relacionados

Nota de Prensa

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 57 anónimos e ningún membro en liña