FSIE 40 años

isabel celaa 1 640x384A comparecencia da Ministra Isabel Celaá hoxe na Comisión de Educación do Congreso dos Deputados xerou novamente certa preocupación no sector do Ensino Concertado pola súa referencia á modificación do criterio de demanda social. A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza (FSIE) considera necesario coñecer os detalles e o alcance das propostas e intencións que o Ministerio de Educación y Formación Profesional vén anunciando de forma xenérica.

FSIE insiste na necesidade de convocar o máis axiña posible a Mesa Sectorial de la Enseñanza Concertada, espazo imprescindible de negociación e diálogo para comezar a tratar as numerosas problemáticas do sector. A equiparación salarial dos docentes incluíndo os sexenios, o pago delegado para o PAS, mellorar a xubilación parcial, reducir a carga lectiva ou actualizar o financiamento a custo real dos concertos son, entre outros, temas que requiren atención urxente e acordos que corrixan os déficits actuais.

Desde o sindicato valórase positivamente o ton tranquilizador e a predisposición ó diálogo manifestada pola Ministra de Educación. FSIE lamenta, con todo, que o MEFP non convocase aínda a tan solicitada Mesa Sectorial de la Enseñanza Concertada e si se reuniu xa, antes do verán, só cos sindicatos do ensino público e a Conferencia Sectorial.

Pola súa banda, FSIE reitera a súa disposición ó diálogo e a negociación para traballar en prol dun mellor sistema educativo que garanta a liberdade de ensino, como establece o art. 27 da Constitución, e unhas condicións laborais que recoñezan ós profesionais do sector o seu extraordinario traballo.


Documentos relacionados

Nota de Prensa

 Banner lateralcampañaescolarizac 17 18

Temos 60 anónimos e ningún membro en liña