FSIE 40 años

IMG 20180911 114346Coincidindo co comezo do curso escolar, FSIE reuniu en Madrid, os días 11 e 12 de setembro, a case 200 dos seus liberados sindicais nunhas xornadas de formación e traballo orientadas a afrontar os retos dun curso que promete ser interesante.

O encontro comezaba cunha sesión de presentación a cargo do secretario xeral, Javier Muñoyerro, o presidente, Javier Hernández Varas, e Jesús Pueyo Val, secretario de organización. Ao longo da tarde do martes e a mañá do mércores, os asistentes participaron en diversos talleres informativos e formativos orientados a mellorar a actividade sindical e preparar as eleccións sindicais que darán comezo proximamente e nas que FSIE ten como obxectivo fundamental aumentar a súa representatividade en todo o territorio nacional.

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 222 anónimos e ningún membro en liña