FSIE 40 años

Alumnos en clase copiaO Ministerio de Educación presentou o "Anteproyecto de Ley de meljora de las condiciones para el desempeño de la docencia y de la enseñanza en el ámbito de la educación no universitaria".

No texto, que derroga parte das reformas introducidas polo "RD 14/2012 de medidas urgentes de racionalización del gasto público en el ámbito educativo", contémplase que as administracións públicas poidan reducir a carga lectiva do profesorado pero só de centros públicos.

Como xa establecera o Tribunal Constitucional na súa Sentenza do Pleno 26/2016, de data 18 de febreiro de 2016, a carga lectiva do profesorado dos centros públicos e privados concertados é competencia da Administración e, ao tratarse de centros sostidos con fondos públicos, debe ter un tratamento homoxéneo.

FSIE denunciou o que é unha clara exclusión e discriminación dos docentes do ensino concertado. Por iso, presentamos unha emenda no Conseljo Escolar del Estado para que as administracións públicas adopten as medidas necesarias que, xunto á negociación colectiva, permitan que a carga lectiva dos docentes da concertada sexa análoga aos docentes da pública.

Tamén nos diriximos á Ministra de Educación e aos grupos parlamentarios das Cortes para que a nosa proposta se incorpore no texto definitivo da Ley.

Desde o sindicato defendemos e esiximos que a equiparación cos nosos homólogos do ensino público non só ha de ser nas retribucións salariais senón tamén na carga lectiva.

Somos profesionais e traballadores que prestamos un servizo de interese público de gran calidade e merecémonos o mesmo recoñecemento e tratamento.

FSIE é a nosa forza para defender e mellorar o teu futuro e o de todos. Cuantos máis compañeiros nos axuden e apoien máis obxectivos conseguiremos.

Podes consultar toda a información no noso último boletín:


Documentos relacionados

Boletín FSIE

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 189 anónimos e ningún membro en liña