FSIE 40 años

edificioMECDA Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza recibiu esta mesma mañá a convocatoria oficial da Mesa Sectorial de la Enseñanza Concertada. O Ministerio de Educación y Formación Profesional fixou o próximo día 5 de outubro para reunirse con todos os axentes e organizacións do sector.

FSIE, que solicitara reiteradamente esta convocatoria, levará á devandita mesa problemáticas de urxente solución como a equiparación salarial dos docentes incluíndo os sexenios, o pago delegado para o PAS, mellorar a xubilación parcial, reducir a carga lectiva ou actualizar o financiamento a custo real dos concertos, entre outras.

Desde o sindicato celebramos que as nosas peticións desen finalmente os seus froitos e valoramos positivamente a predisposición ao diálogo por parte do MEyFP ao convocar este espazo imprescindible para a negociación que nos permitirá traballar en prol dun mellor sistema educativo coas condicións laborais que merecen os profesionais do sector.

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 269 anónimos e ningún membro en liña