FSIE 40 años

Registro MEyFP Carga lectivaA semana pasada desde a Federación de sindicatos IndependIentes de Enseñanza denunciamos que o texto do "Anteproyecto de Ley de mejora de las condiciones para el desempeño da docencia e de la enseñanza en el ámbito de la educación no universitaria", sobre o que o Consejo Escolar del Estado está a elaborar o seu informe preceptivo, supoñía unha clara discriminación para os docentes da Enseñanza Concertada.

O apartado no que se establece que as administracións públicas poidan reducir a carga lectiva do profesorado pero só nos centros públicos exclúe das melloras aos profesionais da concertada, un sector duramente afectado polos recortes, e ademais contraviene sentenzas previas do Tribunal Constitucional.

Por iso FSIE presentou unha emenda ao texto que especifica que a carga lectiva debe ser homoxénea para todos os docentes de centros sostidos con fondos públicos. Esta proposta, aprobada pola Comisión Permanente del Consejo Escolar del Estado, será sometida a votación xunto ao resto de emendas no Pleno de mañá día 2 de outubro.

Ademais, con data 24 de setembro, dirixímonos directamente ao MEyFP solicitando que se inclúa dita emenda no texto da Ley para garantir que a carga lectiva do profesorado sexa igual para os docentes da enseñanza concertada e da pública. De non ser así estaríanse incrementando as desigualdades entre os profesionais de centros sostidos con fondos públicos e privando a parte destes de melloras esenciais para o correcto desempeño do seu labor.

Pola súa banda o secretario xeral, Javier Muñoyerro, sinalou que "estas desigualdades lémbrannos a importancia de impulsar unha Ley de la Profesión Docente para todos os profesionais", longamente reivindicada por FSIE, "que evitaría que se producisen discriminacións como esta".

FSIE seguirá traballando para conseguir a equiparación cos nosos homólogos do ensino público tanto nas retribucións salariais como na carga lectiva. Somos a túa forza para defender e mellorar o noso futuro.


Documentos relacionados

Boletín FSIE

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 71 anónimos e ningún membro en liña