FSIE 40 años

Campana Dia del Docente 18Como cada ano, a Federación de Sindicatos IndependIentes de Enseñanza súmase á celebración do Día mundial do Docente felicitando a todos os profesores polo gran labor que desempeñan e agradecéndolles a súa dedicación e compromiso.

A iniciativa, promovida pola Unesco desde 1994, quere lembrar nesta ocasión baixo a lema "O dereito á educación implica o dereito a docentes cualificados", a importancia de garantir o acceso de todos os profesionais da educación a unha formación de calidade pondo tamén particular énfase na escaseza de docentes a nivel global.

Pola súa banda, FSIE quixo complementar dito lema incidindo unha vez máis na necesidade da creación dunha Lei da Profesión Docente que regule os dereitos e obrigacións de todos os profesionais da educación con independencia da natureza dos seus centros de traballo. Unha lei que garanta unhas condicións laborais dignas, que estableza os parámetros dunha formación inicial de calidade e adecuada ás necesidades reais dos docentes e que reflicta a importancia da formación permanente.

Desde o sindicato aproveitamos a celebración deste día para pedir que se recoñeza a importancia da tarefa que desempeñan os docentes no desenvolvemento do tecido social que conformará as comunidades do futuro. É imprescindible lembrar á sociedade no seu conxunto que para poder ter un sistema educativo de calidade e que chegue a todos en igualdade de condicións non se pode descoidar baixo ningún concepto o alicerce fundamental que o sostén; os profesores.

Por todo iso, FSIE mantén o seu compromiso de seguir traballando para poder garantir aos profesionais do ensino concertado, privado e de atención a persoas con discapacidade, unhas condicións laborais e salariais dignas, xustas e acordes á profesionalidade, calidade e esixencia coa que eles desempeñan o seu labor.


Documentos relacionados

Cartel Día do DOCENTE 

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 156 anónimos e ningún membro en liña