FSIE 40 años

Maternidad copiaO Tribunal Supremo pronunciábase esta semana respecto da exención de pago do IRPF da prestación por Maternidade. Na resolución dun recurso interposto pola Avogacía do Estado conclúe que a prestación recibida en caso de maternidade non deberá tributar na declaración da renda, como ata agora, xa que debe estar exenta de igual maneira que "as demais prestacións públicas por nacemento, parto ou adopción múltiple, adopción, fillos a cargo e orfandade".

A diferente interpretación da Ley del IRPF por parte de Hacienda e os tribunais fixo que en 2016 o Tribunal Superior de Justicia de Madrid fallase ata en dúas ocasións en contra do criterio da Agencia Tributaria (AEAT) obrigando á devolución dos importes deducidos aos demandantes mediante a aplicación do imposto da renda. Ata o momento, ao non sentar xurisprudencia ditas sentenzas, os contribuíntes estaban obrigados a levar os seus casos aos tribunais para rebater o pago do imposto.

Na súa sentenza o pasado día 3 o Tribunal Supremo ditamina con claridade que en virtude do recollido no parágrafo terceiro da letra h do artigo 7 da Ley del IRPF establécese como doutrina legal que "as prestacións públicas por maternidade percibidas da Seguridade Social están exentas do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas."

FSIE está á espera de coñecer todos os detalles sobre a tramitación, prazos e requisitos para a aplicación desta nova exención. Información que porá canto antes a disposición dos seus afiliados.

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 79 anónimos e ningún membro en liña