FSIE 40 años

Reunion PPFSIE continua a súa rolda de contactos cos grupos parlamentarios reuníndose con Sandra Moneo, portavoz de Educación, Cuca Gamarra, vicepresidenta de Política Social, Rosario Cayuela e Anxo Fernández, ambos os dous membros do departamento de Política social, en representación do Partido Popular.

A carga lectiva e a xubilación parcial foron novamente os temas principais dun encontro no que os representantes da organización sindical puiseron trasladar a súa preocupación polas problemáticas de máis urxente solución ás que se enfrontan os profesionais da educación concertada, privada e de atención ás persoas con discapacidade.

Os populares mostraron o seu acordo coa proposta realizada por FSIE para a homoxeneización da carga lectiva e coa necesidade da equiparación gradual das condicións laborais e económicas do sector para reducir as desigualdades territoriais. Respecto da emenda presentada polo sindicato ao Anteproyecto de Ley, referendada e incluída no Dictamen do Consejo Escolar del Estado, os representantes do Partido Popular transmitiron a súa disposición a estudar o texto da mesma co obxectivo, se fose necesario, de preparar unha emenda propia de cara ao debate parlamentario da nova Ley de Educación.

No que á xubilación parcial se refire, os populares anunciaron a súa intención de estudar a proposta de FSIE de prorrogar as condicións actuais e revisar o art. 215.2 letra e do Real Decreto legislativo 8/2015, de 30 octubre, polo que se aproba o texto refundido de Ley General de la Seguridad Social. Como xa denunciase con anterioridade o sindicato, o devandito artigo repercute negativamente nas empresas imposibilitando a aplicación do contrato de relevo ao establecer que a base de cotización do relevista, ao 50 %, debe ser igual ao 65 % da base de cotización do relevado antes do contrato de relevo. Os representantes do grupo popular recoñeceron que o exceso de cotización que se xera, que non se axusta aos fundamentos básicos da Cotización á Seguridad Social, empeoran as condicións de aplicación do contrato de relevo, medida que se demostrou altamente beneficiosa na renovación de persoais e creación de emprego no sector educativo.

FSIE e o Partido Popular concluíron a reunión co emprazamento de novos encontros nos que seguir traballando e dialogando sobre as medidas necesarias para garantir que os profesionais da educación exerzan o seu labor nas mellores condicións.

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 108 anónimos e ningún membro en liña