FSIE 40 años

Ministerio Educacion recO pasado venres e dentro do prazo de información pública, FSIE rexistrou unhas primeiras consideracións ao documento presentado polo Ministerio de Educación y Formación Profesional na súa web co título de "Consulta pública previa sobre un anteproyecto de Ley orgánica de modificación de la actual Ley de educación". Chamou a atención de toda a comunidade educativa que por parte do Ministerio non existise ningunha comunicación nin noticia sobre a publicación do devandito documento para sometelo a consulta pública como se quixese que pasase inadvertido.

A pesar de ser un texto claramente xeneralista, inconcreto e ambiguo, FSIE xa transmitiu que algunhas das cuestións que nel se poden apreciar están lonxe de ser medidas que teñan nada que ver coa mellora do sistema educativo e que o obxectivo vai máis encamiñado a outras cuestións.

Confiamos en que o Ministerio sente de verdade a negociar e dialogar os cambios que pretende facer na actual normativa e busque sinceramente alcanzar un alto grao de consenso sobre os mesmos. O contrario xa sabemos que suporía un novo fracaso na mellora do sistema educativo e prolongar as deficiencias e carencias que existen prexudicando aos alumnos, profesionais e familias.

Podes consultar as nosas achegas no documento que se xunta.


Documentos relacionados

Consideraciones Revisión LOMCE

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 53 anónimos e ningún membro en liña