FSIE 40 años

Boletin Reforma LOMCEFSIE considera preocupantes algunhas das iniciativas que o Ministerio de Educación y Formación Profesional sinala no seu Novo documento.

Hai escasos meses o PSOE abandonou sen causa justificada crible as negociacións do Pacto Educativo no Congreso de los Diputados. Á luz da súa proposta de reforma unilateral e urxente da vixente LOE é fácil entender por que o fixo. Se o Pacto pasa porque se acorden algunhas cuestións que non lles interesan tiñan que saírse do mesmo para poder facer agora o que realmente buscan: "a súa lei". O Goberno presenta "a súa reforma da reforma de LOE pola LOMCE" cos mesmos fallos e tics ideolóxicos que sempre. Unha nova lei sen consenso e con data de caducidade.

O Goberno non quere Pacto en Educación e, na súa partida de cambio de cromos cos seus socios de goberno que tampouco o queren, cambiará sobre educación o que sexa necesario ao prezo que sexa. É pouco serio presentar un documento a información pública e, sen finalizar o prazo para presentar opinións sobre o seu contido, presentar outro documento distinto.  

FSIE non vai escatimar esforzos para evitar que se aproben cuestións que, lonxe de buscar unha mellora do sistema educativo, teñen como obxectivo: recortar a liberdade de ensino, a liberdade de elección de centro e o dereito que permite aos pais formar aos seus fillos conforme ás súas conviccións relixiosas. Nada do proposto mellora a situación do ensino concertado nin dos seus profesionais.

PARA FSIE NON SON UN PROBLEMA DO SISTEMA EDUCATIVO
-   O ensino concertado porque é parte importante do mesmo e contribúe a melloralo.

-   Que os pais elixan o tipo de centro no que queren educar aos seus fillos conforme ás súas conviccións. É un dereito constitucional baseado na liberdade. Suprimir a ?demanda social? como elemento fundamental na programación da oferta escolar e, no seu lugar, "reforzar o poder" do Estado e as Comunidades Autónomas neste asunto, pretende :

-   Que a ensinanza concertada sexa subsidiario da pública. Fomentar a oferta pública mantendo a concertada só onde non poida chegar aquela.

-   Que os "poderes públicos" decidan onde escolarizar aos alumnos relegando aos pais no exercicio deste dereito fundamental.

-   A materia de Relixión. Reducir ao mínimo a materia é o paso previo ao seu verdadeiro obxectivo que é sacala fóra da escola. Xérase a perda de miles de postos de traballo, mínguase un dereito constitucional que afecta a todos (centros públicos, concertados e privados) e pode incumprir o vixente acordo subscrito entre España e o Vaticano.

POR QUE PARA ESTE GOBERNO E ESTE MINISTERIO OUTRAS CUESTIÓNS NON SON UN GRAVE PROBLEMA QUE HAI QUE SOLUCIONAR XA? POR EXEMPLO:
-   Equiparar o salario (incluído sexenios) e a carga lectiva do profesorado

-   Maior financiamento e nova regulación que permita o pago delegado ao PAS.

-   Cocientes profesor/alumno iguais que na pública.

-   Incrementar as horas dos Orientadores estendendo o seu labor a todas as etapas educativas dotándoos de recursos suficientes e salarios acorde á súa titulación.

-   Mesmas condicións de xubilación que na pública e manter para o PAS e niveis non concertados a xubilación parcial mellorando as súas condicións.

-   Financiamento do módulo do concerto acorde ao custo real do posto escolar garantindo a gratuidade do ensino.

-   Garantir que os novos cambios no currículo non afecten as condicións laborais dos docentes.

-   Concertar as aulas de 0 a 3 anos naqueles Centros que o soliciten, teñan experiencia e cumpran a normativa, eliminando o intrusismo e a creación de servizos en precario.

FSIE está e estará fronte a quen queren prexudicarnos. Polo teu futuro e o noso futuro. Polos profesionais e a liberdade de ensino.


Documentos relacionados

Boletín Reforma educativa

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 240 anónimos e ningún membro en liña