FSIE 40 años

Boletin PGE 2019O pasado 5 de outubro, na reunión de constitución da Mesa Sectorial de la Enseñanza Concertada, o Ministerio de Educación y Formación Profesional anunciou para o ano 2019 un incremento dos módulos dos concertos educativos do 2,25% e unha subida nos salarios do persoal docente en pago delegado que corrixía a diferenza do 0,125% xerada en 2018. Ademais, comprometoue a engadir o abono no mes de xullo da parte variable que se lles fose a incrementar aos funcionarios públicos.

Ante a probabilidade de que o Goberno non puidese aprobar os Presupuestos Generales del Estado de 2019, nos que se reflicten ditas subidas, FSIE estivo solicitando en solitario a firma dun acordo que garantise, polo menos, a aplicación aos profesionais da concertada dos mesmos incrementos que aos funcionarios.

Desde FSIE non estamos dispostos a aceptar que tanto os nosos salarios, de docentes e PAS, como os gastos de funcionamento dos centros educativos queden conxelados pola incapacidade do Goberno para aprobar os PGE para 2019. Por iso volvemos a pedir á Ministra Isabel Celaá que convoque a Mesa Sectorial para negociar e asinar un acordo que evite unha grave discriminación, unha vez máis, dos profesionais do sector respecto dos seus homólogos da educación pública.

Podes consultar toda a información no noso novo Boletín:


Documentos relacionados

Boletín PGE 2019

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 264 anónimos e ningún membro en liña