FSIE 40 años

CEEFSIE votou favorablemente ao Informe do Sistema Educativo 2018 que resulou aprobado por 69 votos a favor e 2 abstencións. O Informe do Consejo Escolar del Estado recolle 10 importantes propostas de mellora presentadas na Comisión Permanente polo sindicato.

O Secretario Xeral de FSIE, Javier Muñoyerro, interviu onte perante o Pleno para transmitir a nosa preocupación polo actual momento que vivimos co Proyecto de Ley de Reforma de la LOE presentado polo Goberno.



A urxencia e premura coa que está actuando o Ministerio de Educación y Formación Profesional intranquilízanos moitísimo xa que non parece disposto a dialogar nin a negociar nada do que está propoñendo e algunhas das cuestións que plantexa son moi prexudiciais para o sector da ensinanza concertada e os seus profesionais. Como ben sinalou o Secretario Xeral de FSIE no seu discurso, basta ver a actitude que o Goberno e o Ministerio tiveron no “Proyecto de Ley de mejora de las condiciones para el desempeño de la docencia y la enseñanza” negando ao profesorado da concertada a posibilidade de acadar un acordo nas CCAA para ter unha carga lectiva similar á dos nosos compañieros da ensinanza pública.

Na súa intervención tamén advertiiu que o texto publicado de Reforma de la LOE suprime a Mesa Sectorial de la Enseñanza Concertada aunque esperamos que isto no fora máis que un erro na redacción e se aclare.

Javier Muñoyerro puxo en valor as propostas de mellora do sistema educativo presentadas por FSIE e aprobadas neste Informe polo Pleno del Consejo que, en termos xerais, inciden en cuestións tan importantes como:

  • A igualdade de carga lectiva para todos os docentes de centros sostidos con fondos públicos e o incremento das ratios profesor/aula.
  • A determinación do custo real do módulo de concerto para unha correcta financiación dos centros concertados.
  • Unha nova regulación que permita o pago delegado para o Personal de Administración e Servizos.
  • A equiparación salarial dos docentes da ensinanza concertada coa pública en todos os conceptos salariais inclíidos os sexenios.
  • Melloras no servizo de orientación ampliando as súas horas de atención a todos os niveis e axustando as súas retribucións á titulación con independencia do nivel no que traballen.
  • Extender os concertos ao tramo 0-3 anos.
  • Prorrogar a xubilación parcial coas mellores condicións para todos os traballadores de centros de concertada, privada e atención á discapacidade.

De todas as medias propostas por FSIE só se rexeitou a que solicitaba a extensión dos concertos ao Bacharelato. Así pois, a maioría de plantexamentos que fixo a organización sindical foron apoiados por a maioría dos membros do Consejo Escolar del Estado no que están representados desde o Ministerio e os Consejos Escolares Autonómicos, ata as organizacións de pais, estudantes, empresariais e sindicais, pasando polos municipios, a universidade e personalidades de recoñecido prestixio.


Xuntamos a intervención íntegra do Secretario Xeral de FSIE


Documentos relacionados

Intervención_27_noviembre_CEE

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 241 anónimos e ningún membro en liña