FSIE 40 años

Cartel FSIE rechaza reforma LOE

FSIE manifesta unha enorme preocupación polas formas e o contido do Proxecto de Reforma da LOE presentado polo Goberno e o Ministerio de Educación y Formación Profesional.

Desde o sindicato non compartimos a urxencia que, segundo o Ministerio, xustifica a presentación desta nova reforma nun contexto político incerto e inestable. É unha iniciativa sen ningún diálogo nin consenso na que prima o interese partidista e electoral sobre a verdadeira mellora do sistema educativo.

O urxente e necesario é alcanzar un Pacto educativo que evite este tipo de iniciativas que non contribúen á estabilidade e tranquilidade do sistema. Moito menos cando do seu contido se desprende claramente unha decisión política de prexudicar a ensinanza concertada considerándoa subsidiaria da pública ao establecer que, por encima do dereito á libre elección de centro que lles corresponde aos pais, sexan as administracións quen planifiquen e oferten prazas públicas suficientes para todos. É unha forma máis de asfixiar á ensinanza concertada.

Entre as medidas incluídas no texto que FSIE considera especialmente preocupantes para o sector destacan:

  • Vulnera o dereito dos pais a elixir que os seus fillos reciban a formación relixiosa máis acorde aos seus principios, incumprindo ademáis os vixentes Acordos co Estado do Vaticano.
  • Propón excluir dos concertos á educación diferenciada, o que claramente abre a porta a que máis tarde sexan outro tipo de centros os que queden excluídos.
  • Dificulta ao máximo que os docentes e o PAS poidan matricular aos seus fillos nos centros nos que traballan.
  • Permite que se poidan obter títulos con suspensos.
  • Elimina a Mesa Sectorial da ensinanza concertada.
  • Introduce inxustificadamente un representante do concello ns consellos escolares de centros concertados, feito que non supón en si ningunha mellora para o sistema educativo e ademáis mete aos partidos políticos nun espazo reservado tradicionalmente a axentes implicados na educación.

Parece ser que para o MEyFP todo esto é urxente e necesario para mellorar o sistema educativo e, sen embargo, non o é adoptar medidas para:

  • Mellorar as condicioóns dos docentes e persoal de administración e servizos.
  • Que ningún docente vexa reducida a súa xornada e salario co novo cambio de currículo. 
  • Reducir a carga lectiva do profesorado igualándoa á pública incrementando para elo as ratios profesor/aula.
  • Actualizar o módulo do concerto para garantir o custo real do posto escolar e que os centros non teñan dificultades no seu funcionamento.
  • Mellorar os servizos de orientación e as condicións dos orientadores oureconocer a función directiva como nos centros públicos.
  • Garantir a xubilación parcial anticipada a todos os traballadores alomenos coas mesmas condicións que ata agora.

E tantas outras medidas que FSIE leva reivindicado repetidamente e que si son verdadeiros problemas que necesitan urxentemente solucións e medidas concretas.

Alonxámonos do Pacto Educativo e afrontamos un novo ataque contra a liberdade de ensinanza e os profesionais que traballamos en centros concertados. FSIE estará, como o fixoo siempre, fronte a quen pretende que sexamos subsidiarios, traballadores de segunda categoría e quen só busca reducir e practicamente eliminar a liberdade de ensinanza..


Documentos relacionados

FSIE rechaza la reforma de la LOE

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 320 anónimos e ningún membro en liña