FSIE 40 años

bebe

Finalmente o Ministerio de Hacienda acaba de facer efectiva a posibilidade de realizar o trámite da devolución do IRPF por maternidade y paternidade na súa páxina web.

A sentencia del Tribunal Supremo de 3 de octubre de 2018 (sentencia 1462/2018) fixa como doctrina legal que “Las prestaciones públicas por maternidad percibidas de la Seguridad Social están exentas del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas”.

Para solicitar a devolución distínguense os seguintes supostos:

  • Prestacións percibidas ou que se perciban durante o ano 2018:

Na próxima campaña de renda os contribuíntes só terán que confeccionar e presentar as súas declaracións utilizando os datos fiscais que se lles ofrezan, é dicir, agora non se debe realizar ningunha xestión.

  • Prestacións percibidas nos anos 2014, 2015:

Os contribuíntes poderán solicitar a rectificación das declaracións do IRPF nas que houbesen incluído tales rendas. Se as rendas foron percibidas en máis dun ano, deberán solicitar a rectificaciónda declaración de IRPF de cada ano.

Habilitouse un formulario específico para facilitar a solicitude dos anos 2014 e 2015, dispoñible na páxina web da Agencia Tributaria, no que a persoa perceptora da prestación deberá indicar en cales deses anos percibiu a prestación e un número de conta bancaria da súa titularidade, onde se aboará a devolución que proceda.

  • Prestacións percibidas nos anos 2016, 2017:

En xaneiro de 2019 estará dispoñible o formulario que permitirá solicitar a rectificación das declaracións dos anos 2016 e 2017. O formulario poderá  presentarse a través da sede electrónica da Agencia Tributaria 

  • Solicitudes previamente presentadas que se atopen pendentes de resolución dun recurso ou reclamación:

A aplicación da exención corresponderá ao órgano que estea coñecendo do recurso ou reclamación, sen que sexa precisa a presentación de ningunha solicitude adicional.

Documentos relacionados

Nota de prensa Ministerio de Hacienda

 FaceBook Dia Mundial do Docente

Temos 252 anónimos e ningún membro en liña