FSIE 40 años

Boletin Enmiendas LOE

FSIE considera que o texto presentado polo Goberno non responde a ningunha urxencia e ademais propón medidas que prexudican seriamente á liberdade de ensino.

Por iso, e a pesar do escaso tempo para analizar a proposta e a inexistente negociación e debate sobre este proxecto de Ley, o sindicato está decidido a tentar cambiar algunhas pretensións do texto que, ademais de non supor mellora algunha ao sistema educativo, prexudican seriamente aos profesionais do ensino concertado e afástanos aínda máis dun posible Pacto Educativo.

      Esta reforma volve esquecer ao profesorado, parte fundamental na solución dos múltiples problemas do sistema educativo, polo que presentamos as seguintes emendas na Comisión Permanente do 
Consejo Escolar do Estado.
      Que a planificación da oferta escolar teña en conta a "demanda social" e non só se oferten prazas públicas suficientes asfixiando á concertada.
      Que os concertos da FP Básica teñan carácter xeral e non singular.
      Retirar a representación do concello nos consellos escolares de centros concertados por innecesaria e inxustificada.
      Manter o papel dos pais como máximos responsables da educación dos seus fillos.
      Que non se elimine a Mesa Sectorial do Ensino Concertado como foro de debate e negociación co sector.
        Incluír a materia de Relixión no currículo oficial respectando o Acordo
Estado del Vaticano e os acordos con outras confesións relixiosas.
      Superar todas as materias e obxectivos para obter o título de Bacharelato.
      Manter como criterio prioritario na admisión de alumnos que os pais ou titores traballen no propio centro educativo.
      Dotar a todos os centros sostidos con fondos públicos cos mesmos recursos humanos e materiais para o alumnado con necesidades educativas especiais.
      Garantir que as novas modificacións do currículo non afecten as condicións laborais dos docentes actualmente en exercicio.
    Ademais, FSIE comezará unha rolda de conversacións cos partidos políticos con representación parlamentaria para evitar que esta nova reforma educativa empeore aínda máis a situación do sistema educativo e respecte a liberdade de ensino e o sector do ensino concertado como parte fundamental do sistema educativo.
Documentos relacionados

Boletín Enmiendas LOE

 Banner Decalogo2

Temos 66 anónimos e ningún membro en liña