FSIE 40 años

  • images/banners/Portada_FaceBook.jpg

Jubilacion parcial

O Goberno aprobou o pasado venres prorrogar unhas mellores condicións de acceso á xubilación parcial e o contrato de substitución ata o ano 2023 pero só aos traballadores do sector da industria.

Parece ser que para os Executivo millóns de traballadores no país non merecen acceder á xubilación parcial coas devanditas condicións nin gozar nos seus sectores do rexuvenecemento de persoal e a creación de emprego que propicia o contrato relevo.

FSIE denuncia ademais que no ensino público se aprobou un ambicioso plan de reposición que está a supor a contratación de miles de funcionarios e facilitando a xubilación do persoal docente; medida que supón a discriminación, unha vez máis, dos profesionais da educación concertada, privada e de atención ás persoas con discapacidade.

De feito, no noso sector o Gobierno impide a renovación dos persoais, ao obrigar na práctica a docentes e persoal de administración e servizos a permanecer nos seus postos de traballo ata a súa xubilación total, impedindo a renovación dos persoais e a creación de emprego no sector.

Agora e ante a entrada en vigor da nova lexislación en xaneiro de 2019, que endurece significativamente as condicións de acceso ao contrato relevo, o Gobierno decide aplicar estas melloras só ao sector da industria discriminando, prexudicando e excluíndo desta mellora social a millóns de traballadores aos que de facto se lles pecha a posibilidade para acceder a xubilación parcial.

FSIE considera inaceptable que un goberno estableza estas diferenzas entre traballadores introducindo unha brecha nun tema de tanto calado social e prexudicando coas súas decisións a millóns de cidadáns.

Por todo iso, a organización sindical esixe ao Gobierno e ao Ministerio de Educación y Formación Profesional que tome as medidas necesarias para prorrogar a xubilación parcial e o contrato de substitución a todos os traballadores de todos os sectores e, no caso da educación, actúe con equidade no trato dispensado aos funcionarios e ao resto de profesionais do sector concertado, privado e de atención a persoas con discapacidade.

Documentos relacionados

Boletín Jubilación Parcial

 Banner Decalogo2

Temos 309 anónimos e ningún membro en liña