FSIE 40 años

D3mobile 2019

A iniciativa, promovida polo equipo de investigadores USCAN3D da Universidade de Santiago de Compostela (USC), segue fiel ao seu obxectivo fundamental de achegar as disciplinas STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas) aos estudantes dunha forma lúdica. Nesta sétima edición poderán participar mozas de entre 13 e 18 anos de máis de 800 centros escolares de 45 países diferentes.

Como en anteriores ocasións todo o que se necesita para participar é un teléfono móbil ou tableta, un PC ou MAC con Windows, Linux ou OSX e conexión a internet. Proporcionarase formación a través de guías on-line, un foro e correo electrónico.

Os participantes terán que elaborar modelos tridimensionais a escala, realizados a partir de fotografías tomadas co teléfono móbil-tableta e empregando programas específicos gratuítos de Internet. A competición está composta de tres probas diferentes cuxos resultados se publicarán para a súa votación, entre os equipos participantes e o público en xeral, sendo os equipos que maior puntuación consigan en cada unha das probas os gañadores, que serán anunciados o próximo14 de Xuño.

Os equipos poderán optar a diversos premios que van desde os 1.200 € para o equipo campión do mundo ou os 800 € ao máis votado polo público de todo mundo, ata material de laboratorio, un equipo óptico de axuste de cor ou tabletas para as restantes categorías. 

O período de inscricións está aberto ata o 1 de Abril, prazo que terán os profesores para formalizar a preinscrición dos equipos a través da páxina web do certame. Unha vez realizada, estes xa poderán ter acceso aos enunciados das tres probas e ao foro do campionato, para comezar a configurar o equipo e planificar o seu traballo e o dos alumnos participantes.

Documentos relacionados

Guía rápida do Certame e Vídeo promocional

 Banner Decalogo2

Temos 43 anónimos e ningún membro en liña