FSIE 40 años

DIA INT.EDUCACION art

O pasado mes de decembro a Asamblea General de las Naciones Unidas proclamou o 24 de Xaneiro como o Día Internacional da Educación recoñecendo así a importancia da Educación para alcanzar a súa “Agenda 2030 para el Desarrollo Sostenible”. Dentro deste conxunto de obxectivos de desenvolvemento sustentable e metas universais centradas nas persoas, a organización quere destacar o rol fundamental que xoga a educación como dereito humano, ben público e responsabilidade colectiva.

FSIE súmase a esta iniciativa coa campaña “A educación é un dereito e unha responsabilidade de todos. Por unha  educación de calidade, inclusiva e equitativa” co claro obxectivo de lembrar á sociedade que é un dos alicerces fundamentais para o desenvolvemento do tecido social que conformará as comunidades do futuro.

Como afirma a Unesco no seu comunicado, sen unha educación de calidade, inclusiva e equitativa que ofreza as mesmas oportunidades de aprendizaxe para todos non lograremos avanzar en problemáticas tan graves como a igualdade de xénero ou a ruptura do ciclo da pobreza que cada ano deixa fóra das aulas a millóns de nenos, novos e adultos.

Desde o sindicato aproveitamos a celebración deste día para reafirmar o noso compromiso coa defensa dun sistema educativo de calidade e plural que garanta a liberdade de elección das familias e o acceso en igualdade de condicións á educación que queiran para os seus fillos e mellor se adapte ás súas conviccións. Por iso, pedimos ao goberno e ao resto de axentes políticos diálogo e consenso para alcanzar o tan necesario Pacto Educativo que dea estabilidade e seguridade a todos os sectores implicados e que permita avanzar cara ao sistema educativo de calidade que a sociedade demanda e necesita.

Así mesmo,  FSIE quere lembrar á sociedade no seu conxunto que para poder ter ese sistema educativo de calidade que todos desexamos e necesitamos non se pode descoidar baixo ningún concepto o alicerce fundamental que o sostén, os profesores. Pola súa banda,  FSIE seguirá traballando para poder garantir aos profesionais da ensinanza concertada, privada e de atención a persoas con discapacidade, unhas condicións laborais e salariais dignas e xustas, e para converter a educación universal de calidade nunha prioridade principal.

 Banner Decalogo2

Temos 391 anónimos e ningún membro en liña