FSIE 40 años

Ministerio Educacion

Na última reunión da Mesa Sectorial de la Enseñanza Concertada o pasado 19 de decembro acordouse fixar a próxima convocatoria da mesma para o mes de xaneiro. Ao non recibir ningunha notificación, FSIE presentou un escrito a primeiros deste de mes solicitando a convocatoria inmediata da Mesa co obxectivo de fixar un calendario de traballo que permita abordar todos os temas expostos polas diferentes organizacións na última reunión.

No escrito, o sindicato pedía ademais que o Ministerio de Educación y Formación Profesional aclarase canto antes como procederán de acordo a dous temas que xeraron moita polémica e preocupación no sector e a sociedade no seu conxunto nas últimas semanas como son: a cotización obrigatoria das prácticas e o futuro dos centros de atención especial de levarse a cabo o plan de inclusión das persoas con discapacidade en centros ordinarios anunciado polo Executivo.

FSIE esixe que a dita reunión sexa convocada o máis axiña posible para poder abordar en profundidade as problemáticas do sector e comezar a traballar canto antes nas melloras que tanto o sistema educativo como os seus profesionais necesitan con urxencia.

Documentos relacionados

Registro MEyFP_5_feb_2019

 Banner Decalogo2

Temos 42 anónimos e ningún membro en liña