FSIE 40 años

  • images/banners/Portada_FaceBook.jpg

CongresoDiputados InteriorÁ falta de diálogo e negociación que caracterizou este Proxecto de Lei de reforma de LOE do Goberno, situación moi parecida á vivida coa Lei Wert, súmase agora a decisión de aprobala en Consejo de Ministros evitando intencionadamente que o Consejo de Estado realice un informe sobre o mesmo.

Como xa manifestásemos o pasado venres nos medios de comunicación, FSIE considera a aprobación do anteproxecto por esta vía de extrema gravidade xa que se trata dunha Lei Orgánica. Ademais, parece que este Goberno non só non valora o traballo desempeñado polo Consello do Estado senón que mesmo o despreza xa que tampouco someteu a revisión e validación polo mesmo a Lei de mellora das condicións para o desempeño da docencia e a ensinanza non universitaria.

Aínda por riba, un Proxecto de Lei que foi elaborado sen o menor consenso cos axentes do sector, apróbase o mesmo día no que se anuncian eleccións xerais para o 28 de abril, polo que é evidente que non hai tempo para unha tramitación parlamentaria do mesmo. Todo un desprezo e falta de seriedade respecto dunha das áreas de máis importancia nun país como é a Educación.

FSIE discrepa completamente co contido do Proxecto de Lei que, cun alto contido ideolóxico, pretende fundamentalmente recortar liberdades e prexudicar á ensinanza concertada.

FSIE considera que as formas utilizadas polo Ministerio de Educación y Formación Profesional son un claro reflexo do interese que realmente os move; exclusivamente electoral. Non se buscou o consenso nin o acordo senón a imposición rompendo calquera posibilidade do tan necesario Pacto Educativo que, á vista dos últimos acontecementos, a recado tardaremos anos en volver sequera a tentar alcanzar.

FSIE pola súa banda, continuará traballando con todos os axentes implicados para conseguir o Sistema Educativo que a sociedade demanda, mellorar as condicións laborais dos profesionais do sector, achegando solucións ás súas problemáticas reais, e para conseguir, facendo fincapé no pluralismo e a liberdade, un pacto social e político definitivo que afaste a educación de intereses partidistas e vaivéns electorais

Documentos relacionados

Nota de Prensa de 15 de febreiro de 2019

 Banner Decalogo2

Temos 196 anónimos e ningún membro en liña