FSIE 40 años

Congreso Diputados

FSIE denuncia a inxusta discriminación laboral perpetrada polo PSOE e o Goberno.

FSIE estivo moi preto de conseguilo. Non imos desistir senón todo o contrario. A equiparación non só ha ser salarial senón tamén na carga lectiva e ímolo esixir ata que haxa partidos políticos que o aproben.

O Congreso dos Deputados aprobou onte a "Ley de mejora de las condiciones para el desempeño de la docencia y la enseñanza en el ámbito de la educación no universitaria" rexeitando a emenda incorporada no Senado, que contiña unha proposta realizada por FSIE, que fixaba unha carga lectiva de 23 horas para Primaria e 18 para Secundaria en toda España, independentemente da comunidade onde exerzan.

O Pleno do Consejo Escolar do Estado aprobou no seu informe sobre esta Ley (Dictamen 18/2018) unha emenda presentada por FSIE propoñendo:

   "Las Administraciones Públicas impulsarán y adoptarán las medidas necesarias para que, junto con la negociación colectiva, se posibilite que la carga lectiva semanal de los docentes sea análoga en los centros sostenidos con fondos públicos".

Ademais, como se insistiu en numerosas ocasións, tamén o Tribunal Constitucional resolve nas súas Sentenzas 26/2016 e 54/2016 que a carga lectiva dos docentes de centros sostidos con fondos públicos (públicos e concertados) debe ser análoga.

O PSOE, contravindo ao Tribunal Constitucional e obviando o ditame do Consejo Escolar do Estado, solicitou que esta emenda fose votada de novo no Congreso para evitar que os docentes de centros concertados tivesen unha carga lectiva análoga á dos funcionarios públicos, obxectivo que conseguiu ao ser apoiado polos seus socios de Goberno.

FSIE denuncia a actitude discriminatoria do PSOE, o Goberno e os seus socios contra os profesionais do ensino concertado que arremete con esta acción novamente contra o sector, máis concretamente neste caso contra os traballadores impedindo que se melloren as condicións nas que desempeñan o seu labor.

O Ministerio de Educación y Formación Profesional emitiu unha nota de prensa omitindo toda referencia á iniciativa do PSOE contra os docentes da concertada. Nin o PSOE nin o Goberno explicaron porqué defenden, coa súa inacción e continuo desprezo polas peticións e propostas de diversos organismos oficiais e organizacións relacionadas co sector, que os docentes da ensinanza concertada traballen máis horas e ademais o fagan por un salario menor.

Tras a aprobación da nova Ley os funcionarios públicos terán como máximo unha carga lectiva semanal de 23 horas en Infantil e Primaria, podendo chegar a redución ata as 18 horas no resto dass ensinanzas, como é o caso da Secundaria. Os docentes de centros concertados teñen 25 horas lectivas en todos os niveis.

O Ministerio falta á verdade na súa nota de prensa cando afirma que esta Ley foi presentada ás organizacións sindicais da ensinanza o pasado 26 de xullo. Desde FSIE denunciamos que é completamente falso.

FSIE agradece o apoio que si recibiron os profesionais da ensinanza concertada por parte do Partido Popular e Ciudadanos e confiamos en que non pase moito tempo para que se poida facer realidade que todos os docentes de centros sostidos con fondos públicos teñan a mesma carga lectiva.

 

 Banner Decalogo2

Temos 87 anónimos e ningún membro en liña